VALGA> O Conselleiro de Cultura visitou o lugar onde se vai construír o albergue para peregrinos, na parroquia de Setecoros. Roberto Varela, percorreu, xunto co alcalde un tramo do Camiño Portugués.
{flowplayer}images/salnes/ALBERGUE_VALGA.flv{/flowplayer}
Finais de xuño principios de xullo, é a data aproximada para que o albergue estea construído e funcionando a pleno rendemento. Ubicarase no lugar de Outeiro e está valorado en máis de 600.000 euros, financiado ó 100% pola administración pública. Segundo explicou o conselleiro de cultura, a posada contará con preto de cincuenta camas, con acceso para minusválidos e completamente ecolóxica.
O alcalde de Valga sinalou que, o novo albergue, era un servizo necesario xa que son moitos os peregrinos os que se animan a realizar o Camiño de Santiago a través da ruta portuguesa.
Roberto Varela tamén anunciou a entrada en funcionamento de 10 novos albergues en tódolos camiños e reformar os xa existentes.
Do mesmo xeito, firmaranse varios convenios de colaboración con concellos entidades relixiosas e outras institucións, para habilitar 30 albergues temporais con máis de 3.900 prazas.
Redacción Salnés