![]()
SANXENXO > O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) ofreceu unha charla no pazo Emilia Pardo Bazán…
…informando sobre o sector. A charla englobouse dentro do taller de memoria de adultos que organiza para os maiores a Concellería de Benestar Social de Sanxenxo. Numeroso público atendía onte ás explicacións sobre a agricultura ecolóxica en Sanxenxo. Unha forma de producción baseada no respecto ó medio ambiente e a través da que se obteñen alimentos sans e de calidade para ofrecer a máxima seguridade ó consumidor. Dende Craega animaron ós asistentes ó consumo deste tipo de produtos nos que se combina cultura social, sostebilidade e saúde.
Redacción Salnés








