Ducias de veciños saen á rúa en contra dos pasos elevados de Cabo

    manifapasoselevados_150310.jpgBOIRO> Un cento de veciños secundaron a protesta convocada polos afectados en contra da instalación de pasos elevados na estrada de Cabo de Cruz.

    {flowplayer}barbanza/manifestacioncabodecruz.flv{/flowplayer}

    Con esta marcha os manifestantes escenificaron o seu rexeitamento ó proxecto de seguridade vial na estrada de Cabo de Cruz. Ó grito de ‘Seguridade si, illamento non’ demandaron ó concello que modifique o proxecto reducindo o número de pasos elevados e mellorando a sinalización.

    A pesar de que o executivo xa introduciu cambios no proxecto orixinal, diminuindo o número de pasos, os afectados consideran que os sete instalados na actualidade seguen a supoñer un grave prexuízo para o tráfico, sobre todo para os vehículos pesados.

    Ante a negativa do concello de reducir aínda máis o número de elementos de seguirdade, a plataforma de afectados convou esta protesta que non será a única posto que teñen previsto seguir adiante coa mobilizacións se as súas demandas non son escoitadas.

    Apoio

    Nas súas reivindicacións non están sós xa que a Asociación Boirense de Empresarios xa amosou o seu respaldo ás demandas veciñais. Os comerciantes da vila quixeron tamén evidenciar o seu apoio cun peche simbólico de media hora, que se realizou simultáneamento coa manifestación deste sábado.

    Redacción Barbanza