O carril de dobre sentido alterno de Vilaxoán podería entrar en fase de probas en dúas semanas

> O carril único de dobre sentido alterno na rúa Víctor Pita, en Vilaxoán, podería entrar en vigor -en fase de probas- nun par de semanas. O Concello de Vilagarcía pretende emprega-lo outro carril para a creación dun paseo peonil e para bicicletas. Dende Ravella recoñecen que non é a solución que máis lles gusta, pero que a Lei de Costas non lles permite crear unha pasarela sobre o mar.

A proposta que Vilagarcía pretende aplicar nesta zona de Vilaxoán pasa pola eliminación dun destes dous carrís de circulación. Aínda así, a vía seguiría sendo de dobre sentido, coa implantación dun carril único de dobre sentido alterno.

A outra alternativa, aplaudida por moitos veciños, implicaría deixa-la estrada tal como está e construír unha pasarela de madeira sobre a auga. O problema, din dende Ravella, é que esa proposta foi xa descartada por Costas.

Coas opcións limitadas, dende o Concello insisten na urxencia dunha na zona, lembrando os múltiples accidentes de tráfico que se rexistraron neste punto, mesmo con vítimas mortais. Agora, nun prazo dun par de semanas, a circulación alterna na zona será testada, en fase de probas, a proposta dos veciños. A pesar dese suposto apoio veciñal, dende a Asociación de Veciños de Vilaxoán insisten en que son partidarios da creación desa pasarela que Costas rexeita, porque -segundo din- noutros lugares si se puideron instalar. Da mesma postura é o Partido Popular vilagarcián. A formación apunta que recuperar e actualizar ese vello proxecto que, segundo indican, non interfería na circulación do tráfico e xeraba un novo espazo sen gañarlle terreo ó mar.