Catoira e Moraña piden á veciñanza que extreme as precacucións tras situarse no nivel máximo de alerta sanitaria

CATOIRA, MORAÑA> Máxima alerta sanitaria para os concellos de Meis, Moraña e Catoira. Os dous municipios da comarca Ulla Umia é a primeira vez que se atopan nesta situación. Os gobernos locais piden á súa veciñanza que estreme as precaucións.

A terceira vaga de contaxios por covid 19 está afectando en maior medida aos concellos da comarca Ulla Umia. Os municipios presentan uns números de positivos moi altos, os concellos máis afectados son Catoira e Moraña con 34 e 26 casos respectivamente. As dúas vilas sitúanse agora no nivel máximo de alerta sanitaria.

Este nivel de alerta supón o peche perimetral e restricións de ocupación nos comercios e establecementos hostaleiros.

Os dous concellos xa enviaron un escrito a todos os veciños para informar das medidas a adoptar para frear a expansión do virus. Tamén se puxeron a disposición dos contaxiados para axudar coa compra de comida, medicamentos ou outros servicios necesarios.

Nesta situación de alerta sanitaria tamén se sitúa de novo o concello de Meis. A vila conta na actualidade con 28 casos activos.