Volta ó traballo do remodelado Extrugasa

VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_020910.flv{/flowplayer} 

Primeira toma de contacto do Extrugasa 2010/11. Catro meses despois do ansiado ascenso á Liga Femenina, o equipo volve ó traballo. E faino completamente remodelado. Tan só permaneceron tres xogadoras con respecto á temporada pasada: Ylenia Manzanares, Cristina Souza e Montse Gilabert, maila junior Amy. O demais, material novo ata completar un plantel de dez efectivos. Tito Díaz amósase satisfeito co grupo que se logrou xuntar. 

Do plantel chama a atención o seu poderío físico. Amy, Adams, Vinuchalova e Stevensson superan o 1,90 de altura. Necesitarano para acadar as victorias que lle permitan salvarse. A permanencia continúa a ser a máxima aspiración do club.

O certo é que esta temporada non se plantexará como a pasada, na que as miras sempre estiveron postas na fase de ascenso. Tito Díaz quere que o equipo rinda ó seu máximo nivel dende o primeiuro día ata o último. 

Coa xoven Salomé García, Adams, Begoña García e Stevensson xa en Vilagarcía, agora tan só faltan por chegar Vinuchalova e Marta Blanes que o farán o finais de semana. O debut do equipo producirase en partido de Copa Galicia, en Santiago ante o Pío XII, o vindeiro sábado 11 de setembro.

Redacción Salnés