![]()
RIBADUMIA> Delfín Fernández, destacou os máis de 1.300.000 euros que está a recibir o concello entre o FEIL 2009 e o novo plan de sostenibilidade 2010.
{flowplayer}images/salnes/DELFIN_EN_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
O subdelegado reuniuse coa alcaldesa, Salomé Peña e os portavoces municipais, para facer balance das obras realizadas co Fondo Estatal de Inversión Local, e abordar as que se van levar a cabo co Fondo para o emprego e a sostenibilidade.
En Ribadumia realizáronse 4 obras, entre elas o saneamento na parroquia de Lois e a reforma da Casa da Cultura, cun costo de máis de 800.000 euros e xerando 45 postos de traballo.
Para o 2010, ten asignados máis de 500.000 euros, para realizar tres proxectos de obra que xeren 15 postos de traballo. Asimesmo, Ribadumia estableceu unha partida para gasto social.
Salomé Peña agradeceu a Delfín Fernández o investimento que está a realizar o estado e que permite darlle servizos de calidade ós veciños.
Redacción Salnés








