VILAGARCÍA> O alcalde Tomás Fole asinou un convenio con La Caixa, a través do cal a entidade financieira patrocinará unha das pistas de baloncesto instaladas en Fexdega. A contía de 5.000 euros servirá dotar a esta cancha do equipamento necesario.
{flowplayer}images/salnes/ConvenioFexdega_190412.flv{/flowplayer}
O alcalde de Vilagarcía Tomas Fole e a Directora da oficina de La Caixa na capital arousá, María del Pilar García, asinaron esta mañá un convenio de patrocinio a través do cal a entidade financieira fará unha achega ó concello de 5.000 euros que serán invertidos no equipamento dunha das catro pistas de baloncesto instaladas no recinto de Fexdega. No acto estivo tamén presente o edil de deportes Luís Garrigós, que amosouse satiasfeito por este acordo alcanzado, que permitirá potenciar o deporte, sobre todo o de base, en Vilagarcía.
Satisfeito tamén se amosou o alcalde que aproveitou a ocasión para saír ó paso das críticas vertidas polo BNG. O partido nacionalista, a través dun comunicado, fixo saber o malestar dos clubs ante a negativa da Fundación de Deportes de facerse cargo das labouras de mantemento, limpeza e persoal de Fexdega, algo que quixo aclarar Tomás Fole.
Redacción Salnés