O Arousa busca unha milagre que lle manteña en Terceira

futbol250_070509.jpgVILAGARCÍA> As dúas últimas xornadas da liga serán dramáticas. Ó Céltiga fáltalle un punto para salvarse e ó Vilalonga unha victoria. Os que o teñen máis complicado son o Portonovo e sobre todo o Arousa, que precisa case unha milagre para acadar a permanencia.

{flowplayer}images/salnes/arousa_070509.flv{/flowplayer} 

Case ninguén podía agardar un final de liga tan emocionante e á vez tan dramático. Por arriba está todo decidido pero por abaixo, todo por decidir. Céltiga e Vilalonga o teñen ó alcance da man. O Portonovo, precisa dúas victorias e agardar e que suba algún a Segunda B. O Arousa todo iso, mailos picazos dous seus rivais. Unha temporada para esquencer no conxunto vilagarcían por moitos motivos, aínda que tentarán salvalos mobles no último suspiro.

Nas últimas semanas a directiva vivíu algo aillada do plantel. Cren que así os xogadores poden concentrarse mellor.

Se non se salva o partido do domingo ante o Cerceda o descenso será prácticamente unha realidade. Lonxe de renderse, Gómez asegura que erguerán a cabeza para devolver ó Arousa canto antes á Terceira.

Con todo teñen un último cartucho gardado. A famosa reclamación por alineación indebida do Compostela, que puxo a xogar ó lateral Rego alá polo 11 de xaneiro no partido da Lomba, sen que este tivera toda a documentación presentada na federación. O Comité de Competición e o de Apelación déronlle-la razón ó conxunto santiagués. Agora o asunto esta en mans do Consello Superior de Deportes. Nese encontro caeu o Arousa por 2-5. De gañar nos tribunais aquelo que perderon no campo, a salvación estaría máis preto.

Redacción Salnés