España aplasta a Turquía e achégase á Superfinal

waterpolo250_170310.jpgPONTEVEDRA> Pontevedra acolleu por segunda vez en menos dun mes á selección nacional de waterpolo. O combinado nacional impúxose por 14-6 a Turquía polo que deixa encarrilado o seu pase á Superfinal da Liga Mundial. Centos de afeccionados volveron a encher o complexo Rías do Sur para ver o partido.

{flowplayer}images/salnes/waterpolo_170310.flv{/flowplayer} 

A selección española reclamou de novo a atención dos pontevedreses que non se quixeron perder o espectáculo do waterpolo na piscina olímpica da Fundación Rías do Sur. O seu presidente José Ramón Meiriño presenciou o encontro acompañado polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o deputado provincial de deportes, José Enrique Sotelo, e polo presidente da Federación Española de Natación, Fernando Carpena, entre outros.

Todos eles viron gañar a España, que se impuxo con contundencia a Turquía por 14-6. Liderados por Xavi García, autor de tres tantos, o dominio dos de Rafa Aguilar foi de comezo a fin. As primeiras vantaxes non tardaron en chegar: 3-1 no primeiro cuarto e 5-1 ó descanso.

Pese á reacción turca no terceiro período, chegaron a poñerse 8-5, nos derradeiros oito minutos a selección española foi un rodillo e cun parcial de 6-1 rubricou un contundente triunfo.

A xornada non puido ser máis positiva para o combinado nacional. Á súa victoria hai que engadir a derrota de Rumanía en Serbia por 18-5. Isto fai que España teña atado o pase para á Superfinal da Liga Mundial salvo debacle. Só lle apartaría dela unha derrota por 14 goles de diferencia na derradeira xornada ante Serbia. Ademais, Rumanía estaría obrigada a gañar a Turquía para ter opcións. Iso sí España só pode ser segunda na súa liguiña e clasificaríase beneficiada pola condición de organizador de Serbia, que fai que haxa dúas prazas para este grupo.

A Superfinal terá lugar na localidade de Nis, do 13 ó 18 de xullo. Antes, o 20 de abril, o Rías do Sur acollerá o derradeiro partido da selección española ante o combinado plavi.

Redacción Salnés