Nova velada de boxeo en Noia

NOIA> Os amantes do boxeo teñen unha cita o vindeiro sábado 14 en Noia coa disputa dunha velada mixta. Nela incluiránse un total de nove combates, en diferentes categorías, dos que seis serán na modalidade de boxeo e 2 de savate.

O prato forte da velada serán os combates profesionais de Olmo de Paz, Iván Lacarra e Charly López.

As entradas  xa están a venda de xeito anticipado nas cafeterías Rill’s e Perla e na Taberna do Lello, en Noia, así como en Santiago no ximnasio The Garage. Serán a un  prezo de 15 euros en cadeira e 10 en grada.

Dende o club organizador, o SKT 3, agradecen a colaboración do Concello, así como tamén das diferentes empresas e casas comerciais, xa que sen a súa axuda sería imposible poder desenvolver esta velada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí