Thetrend social.com, novo patrocinador do Cortegada

VILAGARCÍA> A directiva desvelou esta mañá o nome do seu principal patrocinador para o ano que ven, que permite ó club competir en LF2.

Xa adiantábamos onte a boa nova que nos chegaba dende Vilagarcía con respecto ó AD Cortegada. Segundo fixo saber a directiva, o club foi quen de acadar o apoio dun patrocinador que lle vai permitir participar o vindeiro ano en Liga Femenina 2.

 Se onte non quixeron dar aínda o nome da empresa ata que o acordo estivera pechado completamente, esta mañá mediante unha nota de prensa, o vicepresidente da entidade, José Antonio Gorgoso, afirmou que a empresa é Thetrend Social.com, unha corporación adicada ó marketing.

Para mañá ás 13:00 o club convocou unha rolda de prensa na que explicarán polo miúdo os termos do acordo. O que xa é seguro é que o equipo dirixido por Pepe Vázquez chamarase Thetrend Social – Cortegada.

Redacción Salnés