![]()
VILAGARCÍA> Os residentes de A Escardia, concentráronse pola supresión do paso por onde accedían ás súas casas. Os veciños están dispostos a iniciar unha serie de mobilizacións.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_ESCARDIA.flv{/flowplayer}
Indignados. Así se atopan os residentes de A Escardia, situada fronte a estación de Ferrocarril, ó verse obrigados a ter que desviarse camiñando 1,2 km pola zona de San Xosé, para acudir a un enclave que apenas lles levaba dous minutos. Denuncian que deben pasar por enriba dunha ponte onde hai toxicómanos.
Engaden, que ninguén lles avisou do corte do paso, que se atoparon coas vallas de repente, e que incluso, acudiu a policía para impedirlles cruzar.
Segundo os veciños, tódalas administracións estaban avisadas fai 5 anos dos posibles problemas que se poderían atopar á hora de poder pasar ata as súas casas.
Os afectados entenden que ten que existir alternativas de paso mentres o túnel non estea operativo.
Os veciños contan co apoio dos distintos partidos políticos, que asistiron á protesta. Xosé Castro Ratón, José Luis Rivera Mallo e Juan Fajardo, sinalaron que farán todo o posible para que os veciños podan acceder ás súas casas de forma segura. Os afectados aseguran que están dispostos a iniciar mobilizacións para lograr unha solución rápida.
Redacción Salnés








