O executivo pobrés nomeará a Fernández Albor coma fillo adoptivo

    fernandezalborfilloadoptivopobra_100_160310.jpgPOBRA> O goberno municipal agarda a que a proposta, que será levada a pleno o vindeiro xoves 25 deste mes de marzo, acade o respaldo unánime de toda a corporación.

    {flowplayer}barbanza/fernandezalborfilloadoptivopobra.flv{/flowplayer}

    Con esta proposta de nomear ó expresidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor como fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal, o executivo local quere recoñece-lo labor desempeñado por este á fronte do Goberno Autonómico, entre os anos 1981 e 1987, sendo ademais o primeiro presidente desta institución. Durante este tempo Fernández Albor propiciou a realización de importantes actuacións no municipio como é o caso do peirao comercial, o recheo do Castelo, o centro social da terceira idade ou a restauración da Torre de Bermúdez, actual museo Valle-Inclán.

    De aprobarse esta proposta Xerardo Fernández Albor pasará a formar parte da lista de fillos adoptivos deste concello, ocupada actualmente pola Condesa de Fenosa, nomeada no ano 1976, Eliseo Escurís Batalla, que recibiu esta concesión no ano 1985 e Segundo Durán Casais, o último en recibir este distintivo no ano 2008.

    Comisión

    Seguindo o regulamento municipal para a concesión deste distintivo vai crearse unha comisión na que estarán representados tódolos grupos políticos con representación municipal: PP, BNG e PSOE. O inicio do expediente para tal trámite será levado ó pleno do vindeiro 25 deste mes de marzo.

    Redacción Barbanza