O Vilalonga tentará atar a permanencia ante o Somozas

vilalonga250_180310.jpgSALNÉS> Esta tarde o Vilalonga xoga en Somozas un partido correspondente a xornada 32ª  pero que disputarán hoxe para que non coincidira co Domingo de Pascua. Sí xogará nesa data o Céltiga que preferíu non adiantar o seu encontro ante o Cultural Areas e deixalo para o 4 de abril.

O Vilalonga afronta hoxe un partido que pode darlle a salvación case matemática a falta de sete xornadas por disputarse. Visita ó Somozas, un equipo dirixido polo ex-deportivista Nando e que está prácticamente descendido, sepárano agora mesmo 11 puntos da salvación, tan só sumou catro puntos dos últimos 30 en xogo e ven de perder na casa ante o pechacancelas, Verín.

Polo tanto, o conxunto de Gabi Leis parte como favorito para esta cita na que non estarán seguro Pazos e Diego Villaverde, ambos lesionados, nin tampouco Tachi, que cumplirá sanción neste encontro e sí poderá estar o domingo fronte ó Vilalbés. No Somozas serán baixa Cata e David Amado, ambos por lesión.

O certo é que os encontros entre estes dous equipos sempre se caracterizaron polos numerosos goles que neles se acadan, un media de catro por partido. Sen embargo, as Pardiñas non é un campo que se lle dé ben a un Vilalonga que só venceu nunha ocasión das sete que o visitou. Iso sí, se o problema é o campo, estes días está en obras e o partido celebrarase nun anexo de herba sintética.

Xunto a este encontro hoxe disputaranse cinco máis: Vilalbés-Ordes; Negreira-Bergantiños;Ourense-Pontevedra B;Rápido de Bouzas–Coruxo, e o máis interesante, o duelo entre os dous primeiros na xeral: Depor B – Cerceda.

O Céltiga decidíu xunto co Cultural Areas non mover o encontro de data e deixalo onde estaba no calendario, o 4 de abril.

Redacción Salnés