Os barcos quédanse en porto na terceira xornada do Mundial

SALNÉS> A mala climatoloxía impedíu que as embarcacións puidesen saír á mar na terceira xornada do Mundial de Platú 25, que se está a disputar no Lago Traunsee (Austria). O ‘Vilagarcía’ continúa décimo.

Como adiantábamos onte, a xornada do mércores tivo que ser suspendida debido á adversa climatoloxía, polo que mantéñense os resultados inamovibles dende o martes.

Ademais, o Comité de Regata decidíu desestimar a protesta do Vilagarcía en relación ó acontecido na primeira manga da segunda xornada, na que foron descalificados por entrar fora de tempo. Segundo os regatistas do Liceo e outras seis embarcacións que tamén reclamaron, a organización modificou a liña de meta sen previo aviso ós participantes.

Así as cousas o ‘Vilagarcía’ de Bernardo Paz continúa décimo na xeral a expensas do que faga hoxe, nunha xornada para a que hai programadas tres mangas.

Redacción Salnés