Cuchi destroza á defensa do Ribadumia cun hattrick

cuchi250_180110.jpgSALNÉS> O Sanxenxo foi moi superior ó Ribadumia ó que superou por 1-3 con hattrick de Cuchi no derbi da Preferente Sur. Esta xornada deixounos ademais as importantes victorias de Arousa e Portonovo a domicilio.

{flowplayer}images/salnes/preferente_180110.flv{/flowplayer} 

Tralo traspés da semana pasada en Cambados o Sanxenxo retomou o camiño do triunfo e venceu na Senra sen problemas a un Ribadumia que onte foi superado en case todo polos de Calucho. Pouco tardarían en adiantarse os visitantes. Pasado o primeiro cuarto de hora Cuchi inauguraba o marcador ó resolver de tiro cruzado unha boa xogada de Juan pola dereita.

A partir de ahí o Ribadumia practicamente non inquietou ó Sanxenxo que se cadra xogou máis cómodo co marcador a favor. Antes de chegar ó descanso, de novo Cuchi controlaba un coiro dentro do área e finalizaba a xogada como o gran dianteiro que é. 0-2 e ó descanso.

Lonxe de reaccionar os locais non tiveron oportunidade para meterse no partido. De feito ós cinco minutos da reanudación Cuchi redondeaba o seu hattrick tras aproveitar un erro clamoroso da defensa aurinegra. O Ribadumia puido maquillar o resultado nos minutos finais e fíxoo por mediación de Iago ó rematar dentro un saque de esquina. Triunfo para un Sanxenxo que é séptimo a tres puntos do segundo clasficado, mentres que o Ribadumia quédase décimocuarto pero con dez de marxe sobre o descenso.

Esta xornada deixounos a importante victoria do Aorusa. Ós de Ricardo custoulles gañar ó Nogueira de Ramuín moito máis que na ida. De feito non sería ata o tramo final cando Adrián Camiño con dous goles certificaría a victoria vilagarcián.

O Portonovo deu un golpe enriba da mesa e trouxose a victoria do campo do Porriño grazas a un solitario tanto de libre directo de Óscar Guimeráns mediada a segunda parte. A imaxe dos de Rial é cada vez mellor e xa suman tres triunfos consecutivos que os levan á quinta praza a dous puntos do ascenso.

O Cambados pola súa parte tróuxose un punto da súa visita ó Caselas nun partido tolo. Os de Carregal comezaron perdendo 2-0 pero lle deron a volta ó electrónico con goles de Álex Cubas e Eulogio, ambos por partida dobre. Logo, varios erros en defensa permitiron ós locais reestablecer a igualada ata o sorprendente 4-4 final. Os amarelos continúan nunca zona morna da xeral.

Redacción Salnés