Portos investirá 140.000 euros no embarcadoiro fluvial de Valga

    embarcadoiros_valga100.jpgVALGA> Portos de Galicia construirá unha explanada de 100 m2 sobre as ruínas do embarcadoiro da praia fluvial de Vilarello.

    {flowplayer}images/salnes/embarcadoiros_valga.flv{/flowplayer}

    VALGA> Portos de Galicia construirá unha explanada de cen metros cadrados sobre as actuais ruínas do embarcadoiro da praia fluvial de Vilarello. A explanada irá pavimentada cunha tarima de madeira e dela sairá unha pasarela aérea tamén de madeira, que rematará nunha plataforma aérea estreita.

    Esta foi a proposta presentada hoxe por José Manuel Álvarez-Campana ó alcalde de Valga. Portos está a preparar xa o proxecto construtivo e destinará a esta actuación uns 140 mil euros. O obxectivo é que o embarcadoiro poida ser usado polos catamaráns turísticos a motor que operan na Ría. Tamén se acondicionarán as antigas vagonetas aéreas de Novo y Sierra, fábrica que xa pechou.

    As embarcacións que atraquen neste embarcadoiro, serán previsiblemente catamaráns duns 22 metros de eslora, e 1,20 metros de calado, que son os que navegan pola ría de Arousa e chegan a Pontecesures.

    Redacción Salnés