Os socialistas afirman que a Xunta non está a investir nin un euro

    psoe_sanxenxo_copia100.jpgSANXENXO> A Comisión Permanente do Grupo Parlamentario do PSdG, reuniuse esta mañá no Hotel Carlos I de Sanxenxo. Entre os temas máis discutidos, as inversións da Xunta, a crise, o POL e o Xacobeo.

    {flowplayer}images/salnes/PARLAMENTARIOS_PSOE.flv{/flowplayer}

    A secretaria xeral do PSOE en Sanxenxo, Dulnea Aguí, o deputado autonómico, Modesto Pose, e o portavoz do grupo parlamentario, Xaquín Fernández, asistiron á reunión coas armas cargadas contra os populares. Os socialistas afirman que Sanxenxo, pese a ser do PP, está sendo marxinado dos orzamentos da Xunta. Segundo Aguín, foron moitos os proxectos que se puxeron sobre a mesa pero que non se executaron por falta de investimentos.

     Pola súa parte, Modesto Pose sinalou a importancia do acordo unánime do plan de inversión de máis de 1.300.000 que se aprobou onte no Parlamento galego. Sen embargo, afirmou que a Deputación leva falando 2 anos do plan anticrise pero que non entrou en funcionamento.

    En canto o Plan de Ordenación do Litoral, os socialistas creen que o proxecto se está a tramitar dunha forma escura que non permite a resposta dos cidadáns.

    Tamén houbo tempo para falar do Xacobeo. Dende o PSOE denuncian que o presidente da Xunta non ten ambición nin planificación para estimulala economía través do Ano Santo.

    Redacción Salnés