O Extrugasa gaña, in extremis, o partido contra o Codigalco Carmelitas

VILAGARCÍA> As de Tito Díaz conseguiron vencer, grazas a dous tiros libres no último minuto, 79-81. O colista realizou un gran partido, liderado pola norteamericana Dori Taylor.

O Extrugasa sudou, o sábado, para vencer en Ourense, ó CODIGALCO Carmelitas por 79-81. O colista realizou un gran partido, liderado pola norteamericana Dori Taylor. Xa no primeiro cuarto quedou claro que o duelo non ía ser un camiño de rosas para as de Díaz.

A partir do segundo cuarto as vilagarciás comezaron a remontar, pero as ourensás marcáronlle o ritmo, colocándose por diante en numerosas ocasións.

 No último parcial, o Extrugasa atopábase con 10 puntos abaixo no marcador, e todo parecía indicar que o equipo de Díaz cedería á súa quinta derrota da tempada. Máis aínda cando a falta de menos de un minuto as vilagarciás perdían por 6 puntos.

Despois dun tempo morto, o Extrugasa, nun alarde de competitividade e capacidade de sacrificio, logrou remontar in ex tremis. En ataque, primerio unha canasta de Manzanares e logo, dous tiros libres de Gilabert libraron a reacción visitante, que se consumou cunha última boa acción defensiva, cun roubo de balón, que deu lugar a dos nouvos tiros libres.

Redacción Salnés