Fin de semana negro para o baloncesto do Salnés

baloncesto250_280108_001.jpgSALNÉS > A xornada foi moi pouco propicia para os equipos do Salnés xa que tanto Extrugasa coma Inelga caeron derrotados. Tamén perdeu o Establecimientos Otero na cancha do Gauzón Ibérica.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_280108.flv{/flowplayer} 

Pésimo partido do Extrugasa en Vigo onde caeu derrotado ante o Celta por 68-51. As vilagarciáns firmaron un dos seus peores encontros do que vai de temporada e aínda que en defensa se mantivo certa intensidade as porcentaxes en ataque condenaron ás de Isaac Fernández á súa séptima derrota e a ver tamén como as viguesas lle adelantan na xeral. Un 31% de acerto en tiros de campo e un 2/11 en triples fixo que o equipo rematase o partido cunha valoración de trinta puntos. So Marina Kress mantivo o tipo; Brown, Ciudariene, Sara Gomez, Jo Hill e Leslie Ardon amosaron a súa peor versión.

Moito terán que cambiar as cousas para o partido do xoves da Eurocup se é que queren ter opcións de acceder os cuartos de final da competición continental.

Derrota tamén do Inelga ante o Chantada.por tan só un punto, 68-67. Gran nivel o exhibido polos de Juan Espiñeira que sen dúbida están a mellorar nos últimos encontros. Non pudieron voltar a Vilagarcía cunha victoria xa que diante atopouse a un dos mellores equipos da categoría que tirou de experiencia para levarse nos derradeiros minutos un partido que sempre estivo igualado.

Á decepción do Extrugasa hai que engadirlle a do Establecimientos Otero, que caeu na cancha do Gauzón Ibérica por 64-63. A pesar de todo os de Diego Doval continúan segundos na táboa tras este traspés contra un conxunto da metade baixa da táboa.

Redacción Salnés