Jaime Camiña continuará como presidente do Vilalonga

SANXENXO> O actual presidente seguirá un ano máis ó frente dunha xunta xestora na que mantéñense membros da última directiva e dase entrada a un novo grupo de persoas

Se hai cinco días era o Céltiga quen se salvaba dunha situación crítica tras aparecer Diego Gondar como novo presidente, agora é o Vilalonga o que respira tranquilo.

Jaime Camiña continuará un ano máis sendo o máximo mandatario do club celeste despois de asumir a presidencia dunha xunta xestora que será a que dirixa o Vilalonga a vindeira temporada.

Xunto a el queda parte da anterior directiva: Manuel Buezas seguirá a ser vicepresidente mentres que o novo grupo de persoas que entrou asumirá algúns cargos de relevancia, como Gonzalo Santamaría, que será o secretario, e José Manuel Caneda, o tesoureiro.

A partir de agora comezarán a traballar na creación de iniciativas que permitan xerar recursos económicos e na confección do plantel do vindeiro ano, toda vez que Gabi Leis vai continuar no banquiño.

Redacción Salnés