A Deputación vende a primeira parcela do polígono Barro – Meis

    firma_poligono100.jpgPONTEVEDRA> Rafael Louzán asinou o contrato de venda da primeira parcela no polígono Barro – Meis, para instalar a empresa Caldererías e Estruturas do Noroeste.

    {flowplayer}images/salnes/poligono_barromeis.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Rafael Louzán asinou esta mañá o contrato de venda da primeira parcela no polígono Barro – Meis, para a instalación da empresa Caldererías e Estruturas do Noroeste nos máis de 2.500 metros cadrados adquiridos para o seu desenvolvemento.

    A empresa produce grandes encofrados para o prefabricado de formigón, conta con dez empregados e traballa a nivel nacional. A súa implantación no polígono, en plena crise, débese, segundo o presidente da Deputación, á labor conxunta de diversas administracións públicas coa iniciativa privada.

    A Deputación e o Concello de Barro destacan que o Polígono de Barro – Meis é o mellor comunicado de Galicia, non sen moito loitar para desfacer os plans do anterior goberno da Xunta, segundo o alcalde de Barro.

    A Deputación indica que hai catro empresas máis que xa teñen licenza para instalarse no polígono. A construción da depuradora está en fase de licitación pública e aquelas empresas que pretendan adquirir terreos, dispoñen dun ano de prazo para realizar os trámites precisos.

    Redacción Salnés