A falta de vixilancia condicionou a campaña de libre marisqueo

    POBRA> Remata o mes de marzo e, con el, a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os malos resultados dos tres últimos meses contrastan co bo arranque entre outubro e decembro. Ademais da falla de rexeneración nalgunhas zonas de libre que mermou notablemente a produtividade, a campaña viuse lastrada pola cantidade de marisco extraído sen facturar. Así o denuncia o patrón maior da Pobra que, xunto con outros moitos pósitos da ría, leva tempo demandando un maior control para frear a venda fóra dos cauces legais. Nos próximos días, os dirixentes da maior parte de confrarías arousáns manterán unha xuntanza para abordar a necesidade de contar con máis persoal para control e vixilancia. Así mesmo, insisten na necesidade de acometer traballos de limpeza e rexeneración integral en Cabío, O Bohído e Os Lombos do Ulla para recuperar os niveis de produción de hai anos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí