O hospital da Barbanza estrea nova área de endoscopias

BARBANZA> A nova unidade de endoscopias do hospital da Barbanza, que hoxe entrou en funcionamento, contou cun investimento da Xunta duns 620 mil euros.

Ademais da compra do moderno equipamento, realizouse tamén a mellora de toda a área, aumentando considerablemente o espazo destinado a este fin.

A actuación permitirá incrementar en ata un 20% os doentes atendidos no Barbanza, mellorando a calidade e confortabilidade para os doentes, e aportando unha mellora nas condicións de traballo dos profesionais.

A mellora posibilitará a realización dunhas dúas mil endoscopias ó ano, moitas delas terapéuticas, que precisan dun equipamento moi específico.

Na visita tamén informaron do proceso de ampliación da área de hospitalización do hospital cuxo inicio está prevista para o vindeiro ano 2023 e que conta nos orzamentos do próximo  exercicio cunha partida de 200 mil euros.

Esta mellora virase sumar á ampliación do Servizo de Urxencias levada a cabo en 2020 e que supuxo un incremento do 40 % da superficie, cun investimento de 1,8 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí