Comeza o Arousa Fútbol 7 coa participación de 1.200 rapaces

futbol_7_copia_100.jpgO SALNÉS> O Arousa Fútbol Sete inicia mañá unha fase previa con máis de 1.200 rapaces, e que remata o domingo. Un representante do equipo xaponés OMIYA ARDIYA chega hoxe a Vilagarcía para velo torneo.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL_7.flv{/flowplayer}

 A previa se divide en dúas xornadas. A primeira desenvolverase o xoves e o venres, con 40 equipos, e outra o sábado e domingo, con outros tantos conxuntos. De cada xornada, sairán dous campións, que serán os que se clasifiquen para a fase final do torneo internacional. Alí, atoparanse con equipos de primeiro nivel como o Real Madrid, o Tottenhamm ou o Inter de Milán, entre outros.

 O calendario da previa, sufriu modificacións nos últimos días. A primeira, foi a renuncia do Pontevedra. O seu lugar no grupo E o vai ocupar o Rápido de Bouzas. A organización anunciou tamén, unha variante que afecta ó Moraña e á Fundación Celta de Vigo, intercambiándose ambos equipos a posición nos seus grupos. Onte mesmo, se fixo oficial a renuncia do Bragafut 98, e o seu posto no grupo G o ocupa o Moañesa B.

A previa é a primeira parte do Arousa Fútbol 7. Como curiosidade, vai asistir un representante do equipo xaponés OMIYA ARDIYA, que chega hoxe a Vilagarcía para preparar un informe, que vai enviar, posteriormente, ós responsables do clube que vai participar no torneo.

Redacción Salnés