Zaca está listo para xogar contra o Estradense

plantilla_deportes_copia.100jpg.jpgVILAGARCÍA>  Ricardo Fernández volve a ter dianteiro. O xogador de Moraña xa está recuperado do incidente laboral que lle dañou un ollo.

Zaca volve a casa por Nadal e o fará ante ó que todos sinalan como o mellor equipo da categoría, O Estradense de Javier Oreiro, con grandes posibilidades de ascenso. O regreso de Zaca é importante para Ricardo porque durante estas semanas tivo que recorrer a Pablo, un centrocampista, para a posición de dianteiro. Unha proba que saíu con bastante éxito.

Sen embargo, antes de que Zaca se lesionara, o adestrador xa solicitara á directiva o fichaxe dun dianteiro porque non pode afrontala tempada cun so xogador para

A directiva seguirá traballando para atopar un futbolista no mercado que se adecúe ás necesidades do equipo. Carlos Coira recoñece que non hai demasiadas opcións e avisa que poderían decantarse por reforzar outra posición do campo que está bastante debilitada, o lateral esquerdo.

Despois de traballalo luns, o equipo ten descanso toda a semana e volverán ós adestramentos o luns, aínda que xa están pensando no partido do 3 de xaneiro.

Redacción Salnés