O Interrías xoga un importante partido ante o Torre de los Reyes

interrias_novo_copia_100.jpgPORTONOVO> O Interrías necesita a victoria para rematar coa dinámica de derrotas. O Torre de los reyes chega a Portonovo con ansias de salvación.

{flowplayer}images/salnes/INTERRIAS.flv{/flowplayer}

 Os asturianos saben que as súas posibilidades de salvación pasan por gañar en Portonovo. Unha victoria en terras galegas pondríalles de novo na loita pola permanencia. Así que non lle porán as cousas fáciles ó Interrías. Os de Sanxenxo, queren asir da dinámica de derrotas nas que entrou o equipo. Unha victoria mañá, suporía practicamente a salvación e o deixaría moi alonxado do equipo asturiano. En caso de derrota, volvería igualar todo de novo.

Os xogadores están concienciados da dificultade que supón o encontro. Afirman que non se pon fiar da clasificación. Teñen que saír concentrados para que os puntos se queden en Portonovo. Por outro lado, Salgueiro non se fía nada da clasificación do rival. Sinala que eles teñen pouco que perder e moito que gañar.

 O Torre de los Reyes chega clasificado na última posición despois de perder esta semana ante o Mera. Conta cunha boa plantilla e xogadores moi experimentados, que xa puxeron en apuros ó Viajes Interrías na primeira volta.

O técnico portonovés, poderá contar con tódolos seus homes a excepción de Manolito expulsado o pasado sábado ante o Loebelle B. Rubén volve á convocatoria despois da súa ausencia ante o Deyma.

Redacción Salnés