A Arousa Fútbol 7 contará con 75 equipos na fase previa

futbol250_060308_001.jpgVILAGARCÍA > Os torneos de base en Vilagarcía toman protagonismo na época primaveral. Tamén se pechou o prazo de inscripción para os equipos que quixeran participar na Arousa Cup, de Futbol 7, un dos torneos en categoría alevín con maior renome nacional e continental.

Setenta e cinco equipos galegos, asturianos e portugueses loitarán na fase previa por ser un deses catro conxuntos que se medirán despois na fase final ós mellores equipos de Europa.

O ano pasado acadárono Moañesa, Calvo Sanz, Cidade de Santiago e Ureca. Os deste ano comezarán a decidirse a partires do vindeiro día 20 e 21 de marzo, nunha primeira xornada na que participarán 35 equipos.

Completarase os días 5 e 6 de abril co resto de conxuntos. Segundo os cálculos feitos pola organización case 1.400 rapaces tomarán parte neste torneo.

Redacción Salnés