Portonovo ultima os detalles da XVI Festa da Raia

    raia100.jpgSANXENXO> Raia en vinagreta, en ensalada e mesmo un menú pensado para os nenos. Son as novidades na carta da Festa da Raia de Portonovo.

    {flowplayer}images/salnes/festa_raia31.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Raia en vinagreta, en ensalada e mesmo un menú pensado para os nenos. Son as novidades na carta da Festa da Raia de Portonovo. A comisión organizadora presentou hoxe a programación desta décimo sexta edición, que volve a celebrarse en torno ó primeiro de maio.

    Na carpa que se instalará no porto o cátering segue en mans de Cervecería Azor. Os prezos oscilarán entre os 3 euros da empanada e os seis e medio da ensalada templada. Tamén se servirá polbo a 8 euros e medio. A carpa abrirase o 29 de abril, e o 1 e 2 de maio a partir das doce da mañá. Nela habilitarase un espazo para tomar os pinchos de raia e outro para quen queira quedarse a xantar. Nestas tres xornadas, en 19 establecementos da vila servirase ‘raia en caldeirada’ a un prezo único de 8,5 euros.

    No tocante ó programa, arranca xa o 24 de abril co concurso de cociña, para afeccionados e profesionais. O 30 dedicarase á Terceira Idade, con concursos, monólogos de Cándido Pazó, Avelino González e Silvia de Dorrón, música, e teatro. O 1 de maio entregaranse os premios do concurso de cociña e as Raias de Ouro, que inda non se desvelaron. Repítese co Encontro de Palilleiras e á noite haberá un concerto de folk. E xa o día 2 será o festival de baile rexional e gaita e o certame de canción popular. Durante os tres días de festa, na carpa haberá exposicións, o acuario con raias vivas e tamén se poderá visitar o pailebote as neves.

    Redacción Salnés