![]()
VILANOVA> O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Fundación Valle Inclán.
{flowplayer}images/salnes/teatro_valle_inclan.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O Conselleiro de Turismo e Cultura, Roberto Varela, asinou esta mañá un convenio de colaboración ca Fundación Valle Inclán, en Vilanova de Arousa. Ábrese así unha liña de intervencións conxuntas que, dende o Concello vilanovés, agardan non quede só nesta intervención.
25.000 € de dotación, entregados ca sinatura deste convenio, abren unha vía de colaboración entre a Consellería de Turismo e Cultura e a Fundación Valle Inclán, para levar a cabo unha serie de intervencións relacionadas coa figura do autor. A sinatura do convenio tivo lugar na emblemática Casa Museo Valle Inclán, escenario da infancia do autor.
O Concello vilanovés quixo facer entrega ao Conselleiro de Cultura, da escultura de Valle Inclán e Julio Camba xuntos. É a primeira que agasallan, dunha serie feita por un escultor vilanovés. Gerardo Fernández Albor, ex presidente da Xunta e actual presidente da Fundación, non deixou escapar o momento, para lembrar o esforzo feito polo Concello e a Deputación para acadar o recoñecemento dunha das figuras indiscutibles da literatura galega.
Cincocentos mil euros xa investidos na parcela onde se situará o Teatro Valle Inclán, son o primeiro paso para logralo. Dende o Concello de Vilanova, contan coa colaboración da Deputación provincial e da Consellería de Turismo e Cultura con cadanseu millón e medio de euros.
Redacción Salnés










