BOIRO> Un dos concellos máis afectados foi Boiro, onde se anegou un garaxe, resultando afectados tamén varios locais comerciais anexos. Os membros do Grupo Municipal de Emerxencias afanábanse a primeiras horas desta mañá na limpeza deste tramo da Avenida da Constitución que resultou máis afectado pola tromba de auga desta pasada noite. Non lonxe de alí, os bombeiros do parque Comarcal traballaban achicando auga do garaxe dun edificio que resultou tamén anegado parcialmente e en cuxo interior se atopaban varios vehículos. Tamén sufriron danos dous locais comercias, unha tenda de informática e unha tenda de roupa. Fontes municipais informaron de que a forte tromba de auga desta noite provocou a obturación da rede de sumidoiros nesta zona, nun tramo ademais con tubaxes antigas que non dipón de separativo de pluviais e fecais, na que está previsto actuar. A tromba de auga tamén se deixou notar noutros puntos da comarca, en Aguiño tamén se desbordou a rede de saneamento, e houbo balsas de auga na zona da Fieiteira e fronte ó colexio de Castiñeiras. Na Pobra unha das zonas máis afectadas foi a estrada de Cabío e en Rianxo tamén se deron problemas na rede de recollida pluviais.
Inicio BARBANZA