Maquillaxes terroríficas para unha noite especial

BOIRO> Acudimos a un centro de estética a coñecer cales son as últimas tendencias en perruquería e maquillaxe para as festas de halloween, cada vez máis habituais.

Durante estes días celébranse numerosas festas de Halloween ou de Samaín. Unha tradición en alza nos últimos anos. Xa non vale cunha simple perruca e unha capa. E a xente cada vez dedica máis horas do seu tempo á elaboración do seu disfraz, no que se inclúe tamén a maquillaxe. En Duo Estilistas, en Boiro, saben ben do que falamos. Dende hai varios anos realizan maquillaxes especiais á carta, a gusto do consumidor…verdadeiramente terroríficos..

O que máis triunfa son as feridas, os cortes ou as queimaduras…Facelo, leva un par de horas de intenso traballo…

Unha maquillaxe deste tipo ten un custe que pode rondar os trinta euros. Todo depende do que se queira gastar e os complementos a maiores que se desexen facer..lentillas de cores, peiteados…

E este é o resultado final…a que dá medo!! Maquillaxe profesional para unha noite tamén especial. Feliz Halloween! ou para aqueles máis tradicionais…Bo Samaín!