Silva estréase como presidenta rodeada de mulleres para reivindicar a igualdade

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/carmela_silva_igualdade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/carmela_silva_igualdade.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> A presidenta da Deputación de Pontevedra rodéase de mulleres no seu primeiro acto oficial. Carmela Silva reivindicou a súa aposta pola igualdade na Praza de Concepción Arenal rodeada por máis de 100 mulleres de distintos ámbitos profesionais. Tralo acto, a nova presidenta anunciou que a vindeira semana manterán un encontro con todos os representantes dos concellos de menos de 20 mil habitantes.

    No seu discurso de investidura do pasado venres, Carmela Silva insistiu na importancia que para o seu goberno terán as políticas de igualdade. Esta mañá, a xa presidenta da Deputación escenificou esta aposta. No seu primeiro acto oficial as protagonistas foron as mulleres.

    Máis dun cento de mulleres de diferentes ámbitos profesionais atenderon ao chamado da nova presidenta provincial. Dende a pontevedresa praza de Concepción Arenal, Silva reivindicou a igualdade entre homes e mulleres.

    Tamén na súa investidura, Carmela Silva reivindicara un maior peso do municipalismo. Precisamente aos concellos dedicará o seu segundo gran acto como presidenta.

    Con este acto, Silva completaba a axenda da súa primeira xornada de traballo na Deputación. A nova presidenta xa anunciou a súa intención de revisar por completo contratos, orzamentos, adxudicacións e demais cuestións do ente provincial.

    Sobre o seu cargo como deputada no Congreso, a intención de Silva é mantelo ata o vindeiro mes. Na semana antes do pleno que se celebrará os días 25 e 26 de agosto será cando presente a súa dimisión, para non deixar ao PSOE sen un representante na mesa da cámara.

    Unha reunión de gabinete, un encontro cos deputados socialistas para organizar as súas áreas e unha rolda polo Pazo Provincial para presentarse aos funcionarios da institución, foron outras cuestións que centraron a súa estrea como presidenta.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí