O Céltiga non falla e golea a un Verín moi inocente

futbol250_120410.jpgSALNÉS> Victoria importante do Céltiga que non se deixou sorprender polo Verín no Salvador Otero ó que acabou goleando por 5-0. Mentres, o Vilalonga caeu na casa fronte o Rápido de Bouzas por 0-2. Na Preferente Sur tan só puido gañar o Cambados.

O rival facilitou a goleada dun Céltiga que espera recuperar confianza con este victoria. O xogo non foi nin bo nin vistoso, pero os desaxustes defensivos do Verín foron ben aproveitados polos dianteiros locais. Martín, e Hugo e Manuel que fixeron dobrete ambos, foron os goleadores. O Céltiga quédase con dous puntos de marxe sobre o descenso directo e un por debaixo do que agora mesmo significaría a salvación, contando os arrastres de 2ª B.

O que continúa de capa caída é o Vilalonga, ó que lle vai tocar sufrir de aquí a final de liga. Os de Gabi Leis están a notar as importantes baixas e o rendemento do equipo decaeu considerablemente. A boa actuación de César evitou unha goleada do Rápido de Bouzas. Os vigueses leváronse os puntos con dous goles de Pablo e Jaco xa na segunda parte.

Na Preferente Sur, esta non foi unha xornada productiva para os equipos do Salnés. O Portonovo perdeu o liderato en Ourense ante o Barbadás (4-2). Os de Rial foron víctimas dun gran acerto dos locais de cara a portería. Pese a quedarse con dez na primeira parte souberon levarse a victoria que deixa o Portonovo segundo na xeral.

A catro do ascenso quédase o Arousa que perdeu forza na última semana. Cando máis preto se viron da parte alta semella que máis se relaxaron porque onte o encontro fronte ó Celanova de non foi bo nin moito menos (1-1). De feito comezaron perdendo aínda que Santos empatou mediado o segundo tempo. O mal momento que atravesan os de Ricardo reflíctese nun resultrado: o Arenteiro, que o mércores lles superou, perdeu onte  0-8 na casa con outro candidato ó ascenso como o Porriño.

Dese loita polos dous primeiros postos xa se desentendeu o Sanxenxo, cada vez máis lonxe da cabeza. Tiveron a victoria na man. A cinco para o remate Jose Ángel anotaba o 0-1 pero o Cruceiro empatou na prolongación logo de transformar Darío un polémico penalti.

Desta volta o Ribadumia non puido dar a sorpresa ante un grande e caeu na Senra por 1-3. iso sí o Estradense tivo que sudalo e remontar na segunda parte o tanto local acadado por Valiñas.

O único que foi quen de vencer esta semana foi o Cambados, que remontou ante o Tomiño con dez xogadores (2-3). Cascallar, Javi Sánchez e Manu fixeron os tantos dos amarelos.

Redacción Salnés