Céltiga e Vilalonga xóganse a permanencia este domingo

futbol250_230410.jpgSALNÉS> Na Terceira, Vilalonga e Céltiga buscará a victoria para afastarse do descenso. Portonovo, Arousa e Sanxenxo precisan o triunfo na Preferente para manterse con opciópns de ascenso.

Tres xornadas por disputarse e moitas urxencias, sobre todo para o Céltiga que visita a un Somozas que leva cinco partidos sen perder. Cando todo o mundo lle daba por equipo de Preferente estase a recuperar e fixo que agora sexan dúas as prazas de descenso directo que están en xogo. Ó Céltiga non lle queda outra que sumar os nove puntos que lle quedan por disputar para ter opcións de salvación. Por iso, todo o que non sexa vencer o domingo, podería levar consigo a pérdida de categoría. As cifras non convidan ó optimismo porque os da Illa tan só sumaron 5 puntos dos últimos 21 posibles. Iso sí, a única vez que xogaron no campo de As Pardiñas, foron quen de vencer (0-1).

Mesmo obxectivo ten o Vilalonga que se situou a seis do descenso directo, pero a un punto do real, polo efecto cascada de 2ªB. Ademais, ós de Gabi Leis só lle quedan por xogar dous partidos e ante dous rivais directos. O primeiro, este domingo ante o Pontevedra B, que só sumou nove puntos na segunda volta aínda que oito deles nas últimas cinco xornadas. Será o duelo entre dous equipos á baixa que se complicaron a vida neste segundo tramo de competición. A mellor nova para os celestes, a recuperación de Miguel e Tachi e a posible volta á convocatoria de Saúl.

Na Preferente Sur, o Arousa recibe na Lomba ó Cambados mentres está pendente do que a Federación poida decidir en torno ó caso do partido do Arenteiro . Se recuperan eses tres puntos, o ascenso aínda sería posible. Con todo, será un clásico algo descafeinado polo pouco que se xogan os de Carregal, que chegan á cita salvados.

O Portonovo non quere baixarse dos postos de ascenso, sobre todo porque os demais non están a errar. Só lles vale gañar este domingo en Aldán ante un Cruceiro ó que pouco lle vai xa no envite.

Mentres, o Sanxenxo, que se quedou a seis puntos do Portonovo, buscará manter vivo o soño unha semana máis, agardando o picazo dos de arriba. Desprázase a Celanova para enfrontarse a un conxunto que se está a xogar a permanencia.

O Ribadumia buscará atar a súa salvación ante o pechacancelas da categoría. Os de Carducho queren chegar ós 45 puntos a costa dun Nogueira xa descendido.

Redacción Salnés