O BNG vilagarcián pide a retirada do POL

    bng_vila_100.jpgVILAGARCÍA> O BNG local denuncia que o Plan de Ordenación do Litoral proposto polo goberno galego vai a supoñer un grave prexuízo para toda a…

    {flowplayer}images/salnes/07042010_bng_pol.flv{/flowplayer}

    … costa galega, e especialmente para o Concello de Vilagarcía, que se vai a ver intensamente afectado non só no litoral senón tamén costa adentro. O responsable local do BNG en Vilagarcía, Xosé Leirós, e o tenente de Alcalde, Xosé Castro Ratón, detallaron os pormenores da afectación deste plan, que eles entenden que está feito con rapidez e escurantismo para beneficiar a uns poucos.

    Este POL suporá varios afectacións concretas que superarán ás normas municipais establecidas. É por isto polo que os nacionalistas esixen a inmediata retirada desta proposta do executivo autonómico.

    Para aclarar este e outros termos, os tenentes de alcalde de Vilagarcía e Pontevedra, Xosé Castro Ratón e César Mosquera, respectivamente; comparecerán públicamente o vindeiro luns, nunha conferencia que terá lugar ás oito e media da noite na sala de conferencias do Auditorio Vilagarcián.

    Redacción Salnés