Caixanova e a Cámara de Comerio potenciarán a formación

    caixanova_copia100.jpgPONTEVEDRA> O convenio vai permitir impulsar proxectos da Escola de Negocios e a celebración da pasarela de moda Pontus Veteris. Unha colaboración mutua para establecer instrumentos para mellorala situación económica dos sectores produtivos

    {flowplayer}images/salnes/CAIXANOVA_CAMARA.flv{/flowplayer}

    O novo texto firmado na sede cameral, está destinado para desenvolver un amplo calendario de actividades formativas e empresariais, así como as dous edicións da pasarela de moda Pontus Veteris. Este convenio de colaboración abunda en outros aspectos, como o uso de dependencias para cursos e seminario, e garante a presenza do patrocionio de Caixanova nas actividades organizadas pola Cámara.

    Con este documento, a entidade financeira e a Cámara renovan un marco de colaboración mutua, mediante a cal poidan propoñerse e establecerse medidas e instrumentos para mellorala situación económica dos sectores produtivos.

    De forma prioritaria, vai ser obxecto de especial dedicación a colaboración que se poda realizar a través da Escola de Negocio se a Escola para Administracións Públicas de Caixanova. O fin común é o desenvolvemento de programas de formación empresarial.

    Dende Caixanova destácase que este é o convenio máis importante dos 140 firmados ata o momento, pola gran iniciativa que ten a Cámara de Comercio pontevedresa.

    Redacción Salnés