Aparece unha tartaruga de dous metros aboiando en Cabo de Cruz

    BOIRO> Unha tartaruga morta de dous metros apareceu aboiando este domingo nas inmediacións da praia boirense de Carragueiros. O exemplar foi trasladado ó Club Náutico de Cabo de Cruz a onde se achegaron numerosos curiosos. Un mariñeiro avistou este domingo a tartaruga morta, aboiando nas inmediacións da praia de Carragueiros. Tras solicitar autorización, remolcouna ata as instalacións do club náutico de Cabo de Cruz ata onde se desprazaron técnicos do CEMMA para a toma de mostras co obxectivo de determinar as causas e o momento da morte do animal. O gran tamaño da tartaruga, maior das que habitualmente se achegan ás costas galegas, atraeu a numerosos curiosos ata o náutico crucense. Tan pouco habitual é que o último exemplar destas características que apareceu nesta zona foi hai dúas décadas. A súa cuncha permanece exposto na casa da cultura da Cachada.