O porto de Vilagarcía súmase ó proxecto ‘Campus do Mar’

    convenio_porto100.jpgVILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria e a Universidade de Vigo asinaron esta mañá un convenio para participar no proxecto ‘Campus do Mar’.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_porto.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria e a Universidade de Vigo asinaron esta mañá un convenio para participar no proxecto ‘Campus do Mar’, de excelencia internacional e convocado polo Ministerio de Educación.

    Coa sinatura deste convenio o de Vilagarcía convértese no primeiro porto que se suma a este campus de excelencia internacional e, segundo o presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas: ‘é un honor, un orgullo e un pracer’.

    Tódolos sectores económicos, non só os da Ría, serán beneficiarios directos do Campus do Mar, segundo o reitor da Universidade de Vigo. Trátase dun proxecto de alta envergadura onde estarán implicados máis de mil doutores en ciencia e tecnoloxía mariña, o maior agrupamento existente agora mesmo no país. Todo, para concursar na convocatoria do Ministerio de Educación e acadar esa excelencia internacional que é ademais, un modo de lograr fondos.

    Neste Campus participarán as tres universidades galegas, tódolos portos dende Ferrol ata Vigo, incluíndo Portos de Galicia e do Estado. A finais de maio resolverase a convocatoria, pero sexa cal sexa o resultado, o Campus do Mar, levarase a cabo cos seus obxectivos.

    Redacción Salnés