BOIRO> O sábado 25 de marzo arrancan as celebracións da Semana Santa en Boiro. Neste ano recuperaranse algunhas das citas máis emblemáticas que tiveron que ser suspendidas durante a pandemia como a Bendición de Ramos.
Como vén sendo tradicional, a entrega das medallas ós novos cofrades e a lectura do pregón, este ano a cargo de Miguel de la Mata, darán comezo á Semana Santa de Boiro.
Entre as citas máis destacadas do programa figura a Bendición de Ramos no cruceiro de Bao o domingo 2 de abril, a procesión do Ecce Homo e a Soidade o Xoves Santo e a Paixón de Cristo e o Santo Enterro o venres. A Vixilia pascual do sábado e a misa de Pascua o domingo de Resurrección pechan as celebracións litúrxicas.
O concello agradeceu o importante labor realizado pola Irmandade Cristo da Misericordia pana organización dun programa tan completo, con sorpresa incluída, nunha das semanas máis importantes para Boiro a nivel turístico.