POBRA> A xustificación dada polo goberno da Pobra non convence ó Partido Popular. Congratúlanse pola rectificación, e que decidisen agora facer finalmente este recoñecemento ás vítimas de violencia de xénero, aínda que a xustificación aportada polo goberno municipal non lles parece a máis acertada para explicar o retraso.
Ante a proposta do equipo de goberno, de facer un concurso de ideas e sufragalo con cargo ó remanente de tesourería deste ano, o PP considera que suporía un novo retraso. Por esta razón, os populares fan a súa propia proposta, que non é outra que a plantación dunha oliveira nunha das xardineiras existentes nos Xardíns de Valle-Inclán.