Morre un operario da empresa Pescados Vixa tras ser atropelado por un camión

    camion_meao_copia100.jpgMEAÑO> O traballador estaba indicando unha manobra de atraque cando a gabarra do camión o aplastou contra a parede. O operario tiña 37 anos, era natural de A Pobra de Caramiñal e residente en Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_LABORAL_MEANO.flv{/flowplayer}

    O accidente laboral tivo lugar sobre as 9.20 no lugar de Pereiras en Xil, na nave número 20 do polígono industrial pertencente á empresa Pescados Vixa. Polo momento descoñécense as causas exactas do falecemento. Dende a Policía Local de Meaño sinalan que todo apunta a que o operario foi atropelado cando dirixía unha manobra de marcha atrás. O camioneiro indicou á Benemérita que o último que se oíu dicir ó falecido foi para aí, e que cando baixou do vehículo, o veu tirado. Do mesmo xeito, sinalou que non notou que o atropelara.

    Ó lugar dos feitos acudiu unha ambulancia asistencial e outra medicalizada do 061. O persoal sanitario tratou de reanimar ó xoves que se atopaba inconsciente pero que rapidamente entrou en parada cardiorrespiratoria. Xa non se puido facer nada pola súa vida.

    Os familiares do operario acudiron á fábrica, onde ás portas da mesma lles trasladaron o fatídico final do accidente. A nai e a irmá non soportaron a dor e con gritos desgarradores clamaban o nome do falecido. A policía científica personouse no lugar dos feitos para tomar probas que esclarecen o sucedido.

    Redacción Salnés