Comezan as IX Xornadas de Exaltación da Centola

    O GROVE> O Grove acolle desde hoxe as novenas xornadas de exaltación gastronómicas da Centola.

    {flowplayer}images/salnes/xornadas_da_centola.flv{/flowplayer}

    Esta festa culinaria estenderase ata mediados do mes que ven, e como en cada edición, agárdase que sexa un revulsivo para promocionar este producto dinamizando ó tempo ó turismo neste época frouxa. Serán os restaurantes de novo os encargados de preparar este exquisito producto das máis diversas formas.

    Estas xornadas naceron á raíz da imposibilidade de incluír este marisco, na festa do Marisco deste Concello por mor da veda. Agora aproveitando que esta aberta a veda e que a lonxa do Grove é a maior vendedora deste producto promocionase non so a súa degustación, senón unha chea de actividades paralelas que van desde a presentación da festa mañá na comarca do Deza, un concurso de pratos de mexillón ou outro de centola en fresco na propia rula meca.

    Nesta edición cabe destacar, a maiores das visitas guiadas de Pescanatur, a xuntanza dos mellores restauradores de España o vindeiro día 29 neste Concello. Esta visita, promovida pola Consellería do Mar, intentará que estes grandes cociñeiros de renome coñezan máis polo miúdo este producto para que así lle dean cabida nos menús máis saborosos. Aínda non é todo; o Concello argalla xunto cunha sexóloga local unha xornada de gastrosexoloxía que pretenderá subir á lívido dos asistentes nunha espectacular cea a bordo dun catamarán.

    Redacción Salnés