O Grove inicia o luns dúas semanas de exaltación do centolo

    centolo100_211108.jpgO GROVE > No Grove teñen xa todo preparado para recibir da mellor maneira ó rei dos mariscos. O centolo volve ás lonxas e de aí ós fogóns.

    {flowplayer}images/salnes/centolo.flv{/flowplayer}

    O GROVE > O centolo volve ás lonxas este luns e, no seu máximo esplendor, o rei dos mariscos da ría terá a súa propia festa gastronómica no Grove.

    Falamos das Xornadas de Exaltación do Centolo que tamén arrancan este luns e rematarán o 8 de decembro. Os fogóns de 23 restaurantes e de 9 hoteis da vila incluirán este marisco nos seus menús a prezos asequibles e nas variedades máis diversas. Este xa é o sexto ano que Concello e hostaleiros da vila se unen para renderlle homenaxe ó centolo. Máxime cando o rei ten que estar ausente, por mor da veda, da festa do marisco. Ademais de ofrecer un exquisito manxar, O Grove ten organizadas unha serie de actividades para dar a coñecer o concello.

    Redacción Salnés