Recuperar a confianza e defender o segundo posto

tito250_160410.jpgVILAGARCÍA> Eses son os obxectivos do Extrugasa para o encontro ante o Ensino de Lugo. Será o penúltimo partido de liga regular antes da fase de ascenso.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_160410.flv{/flowplayer} 

Últimos dous partidos de fase regular. Despois desto chegará a fase de ascenso para un Extrugasa que quere recuperar canto antes as boas sensacións para chegar a tope ó momento decisivo. A abultada derrota da semana pasada en Zamora escoceu nun plantel que quere reivindicarse ante outro rival de entidade como o Ensino. As lucenses xóganse en sete días a súa presencia no playoff ante os dous primeiros clasificados. Por iso unha das claves do partido será a motivación coa que unhas e outras afrontan o encontro. 

O Extrugasa xógase no envite a segunda praza da liga. Se perde por máis de seis puntos caería a terceira posición da xeral. Se gaña aínda podería optar a rematar en primeiro lugar sempre e cando o líder Burgos non gañe ó Caja Rural. Pero Tito Díaz quere deixar as contas a un lado e pensar nun partido moi complicado polo enorme potencial do rival. 

Despois dos adestramentos desta semana todas as xogadoras están en perfectas condicións aínda que se agarda que para o partido as menos habituais volvan ter máis minutos en pista. Tódolos encontros desta xornada xogaranse á mesma hora. Mañá ás sete da tarde.

Redacción Salnés