Ravella prepara a reforma e peonalización da rúa Castelao

    reforma_castelao_copia100.jpgVILAGARCÍA> Supón a humanización de 5.400 metros cadrados cun investimento de máis de 900.000 euros e 5 meses de prazo de execución. A reforma vai permitir unha homoxeneización da trama urbana.

    {flowplayer}images/salnes/REFORMA_CASTELAO.flv{/flowplayer}

     Deseñando a Vilagarcía do Século XXI. Así definiu o concelleiro de xestión do territorio o proxecto de humanización da rúa Castelao. Segundo Marcelino Abuín, este cambio vai permitir que os cidadáns sexan os protagonistas da vía urbana. Suporá unha reforma de 5.400 metros cadrados, da zona que antigamente se coñecía como a Marisma do Río do Con.

    Abuín afirma que supón unha actuación moi importante para o Concello, xa que sigue a filosofía de humanización para Vilagarcía e máis calidade de vida para os vilagarciáns.

    Estas obras teñen un investimento de máis de 900.000 euros e un prazo de execución de 5 meses. O concelleiro de xestión do territorio, sinalou que a reforma vai permitir unha homoxeneización da trama urbana, á que hai que sumarlle próximas actuacións na praza de Ravella.

    Tamén está prevista unha remodelación do Parque da Xunqueira, que suporá a recuperación de zonas verdes moi deterioradas.

    Redacción Salnés