VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
Inicio Salnés - Caldas