Sanxenxo recibe dúas achegas provinciais para mellorar o seu turismo

    SANXENXO> Sanxenxo recibiu hoxe unha dobre partida de axudas de parte da Deputación Pontevedresa. A primeira delas foi a entrega dun tractor…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_casa_don_fernando.flv{/flowplayer}

     … equipado con desbrozadora e trituradora de polas, co que manter a punto os parques e xardíns deste Concello. Esta máquina ten un valor no mercado de máis de 40.000 euros, cos co organismo provincial pretende colaborar no mantemento óptimo da imaxe turística sanxenxina.

    Por outra banda, o Ente Autonómico asinou un novo convenio de colaboración con este Concello co gallo de completar o orzamento preciso para a rehabilitación da Casa de Don Fernando en Portonovo, e a súa reconversión nun museo mariñeiro. Esta achega provincial de 90.000 euros virá a sumarse ós fondos europeos adxudicados ó Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra, co que as obras xa poden comezar a executarse, aínda que o farán contrarreloxo.

    A maiores, a Deputación de Pontevedra está a estudiar as posibilidades de cooperación con este mesmo Concello para recuperar outro inmoble: o Pazo de Quintáns, situado na parroquia de Noalla, preto da praia da Lanzada. Esta última actuación contribuirá tamén a dinamizar o turismo neste Concello, ó tempo que axuda a xestionar o chan e equipamento municipal que recibe trala elaboración do PXOM.

    Redacción Salnés