Falece un vilalongués esmagado pola árbore que talaba

    falecido_vilalonga100.jpg SANXENXO> Francisco Varela, de 55 anos de idade, esta limpando un terreo da súa propiedade preto do taller de canteiría que posuía tralo Hotel Boavista.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_boavista_100412.flv{/flowplayer}

    Sucedeu pouco antes das once e media da mañá. Francisco Varela, un veciño de Vilalonga de 55 anos, perdía a vida, cando cortaba unha árbore. A fatalidade quixo que o tronco escachase e lle caira enriba do peito provocándolle importantes feridas. No momento do accidente estaba con el a súa compañeira sentimental que foi que deu a voz de alarma.

    Non se coñecen aínda as circunstancias polas que a árbore lle caeu enriba ó ‘canteiro’, como coñecían na zona ó falecido, xa que era propietario dun taller de cantería. O suceso produciuse xusto á entrada da finca onde se atopa o taller, no lugar de Touticeira, por detrás do hotel Boavista. O home, que estaba separado, deixa dous fillos.

    Redacción Salnés